Skip to content

A mostra benéfica ‘Artistas galegas con Haití’ inaugúrase con 42 obras

A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas acolle na galería de arte do hotel compotelano a exposición solidaria Artistas Galegas en Haití dende hoxe á 19.30 horas. Estará aberta ao público ata o 30 de novembro para quen queira adquirir algunha das 42 fotografías e pinturas que cederon artistas galegas en solidariedade co país caribeño.

A mostra compóñena as creacións de artistas de todas as idades, dende mulleres octoxenarias ata creadoras novas e emerxentes.

 

As pezas que poden mercarse son de diferentes estilos artísticos (óleos, acuarelas, acrílico e fotografía), de distintos formatos e de temática libre.

Algunhas das artistas participantes son Alba Díaz, Alicia Vicens, Ángeles Jorreto, Ángeles Mera Fernández, Anusca, Archana Castro, Auri González, Beatriz Ansede Bonome, Carla Lojo, Clara Pisón López, Cristina Fernández Núñez, Eila Pérez, Esperanza Delgado, Fernanda Fernández Suárez, Isabel Rey, Lila Díaz, Lin García, Mar Gómez, María Jesús Reboredo, María José Costa, María José Leira, María José Porto, Rosario Español, Patricia Pinedo Villagarcía, Puri dell Palacio, R. Rojo, Rosalía Díaz, Tere Rubio Alvariño e Victoria Fernández Novoa. ECG